6/20/2018

No verán, se non les, non pasa nada!



Achéganse os días de lecer e un pode escoller "pasar dos libros" e aventurarse por mil e un camiños... ou quedar na casa. 


Pero tamén pode escoller un feixiño de libros para facer deste verán un tempo único, rico en viaxes imaxinarias  e singular polos novos mundos que, a través das lecturas, se poden descubrir. 
Se ademais hai sorte, e podemos viaxar tamén na realidade, seguro que levamos os ollos máis abertos e podemos gozar máis das exploracións que fagamos, con máis coñecemento e máis recursos para observar e aprender. 
Ás veces, se non se le, non pasa nada, e iso é cousa ben triste. 
Pero para evitar tristuras deste tipo as bibliotecas escolares galegas están a difundir as súas "guías de lectura", as súas recomendacións de libros, películas, música, espazos web... 
Para non perder!!
Preme enriba da foto e accede as recomendacións de lecturas para todas as idades.