5/26/2017

Ledicia Costas visita a nosa biblioteca.

 Segue lendo



















As nenas e nenos de 3º e 4º, limos este curso este fantástico libro:
"Escarlatina, a cociñeira defunta"



INFANTIL E XUVENIL, MERLÍN
9ª edición - Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014 -Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014 - Premio Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014 - Premio Nacional de Literatura Infantil, 2015 - Lista de Honra do IBBY, 2016

Resumo:
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.


E qué gran sorte a nosa, porque a súa autora Ledicia Costas, visitounos na nosa biblioteca, e con toda a paciencia e alegría do mundo mundial, respondeu a todas as nosas preguntas motivándonos a seguir lendo coas súas palabras.


Xa hai moitos nenos e nenas que está a ler a 2º parte....ou ante1ª!?

E hoxe averiguamos que xa se está cocendo a terceira!!!!!















































Grazas Ledicia por vir!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por participar.