5/02/2017

Encontro con Andrea Maceiras

As nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria leron este ano o libro:
 "Volverás, golfiño"
A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán énchense coas visitas da nena ao desacougante areal de Trece e coa luz do faro de Cabo Vilán, que advirte de invisíbeis perigos. Algo escuro se agocha no baúl que Iris descubre no faiado e que inexplicabelmente leva escrito o seu nome. Algo que ten que ver co mar e coa negrura que algunhas veces o cobre; con lendas afundidas polo tempo e polas augas; cos segredos dunha costa que é de morte pero tamén de vida onde, en ocasións, nadan os golfiños. (Segue lendo).



E hoxe tiveron un encontro coa súa autora Andrea Maceiras na biblioteca do noso colexio.







 Moitas grazas Andrea
por vir e compartir con nós 
as aventuras deste libro tan emocionate.










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por participar.